Sunday 19 de May de 2024

Un total de 44 maiores participaron nunha viaxe por Lisboa e a costa portuguesa


Un total de 44 maiores do municipio participaron a pasada semana nunha viaxe de cinco días por Lisboa e a costa de Portugal. Foi unha iniciativa organizada pola Concellería de Servizos Sociais no marco do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores e tivo lugar entre os pasados días 16 ao 20 de maio.

Ademais da capital lusa, os veciños tiveron visitar outras localidades como Queluz, Sintra, Cascais, Estoril, Nazaré ou Alcobaça, con visitas guiadas a distintos emprazamentos.